lunes, 28 de septiembre de 2020

A VAQUIÑA POLO QUE VALE

 Comezamos novo proxecto neste 1º trimestre do curso 2020-2021.

O tema central son os animais e sobre eles iremos traballando e aprendendo moito. O primeiro día puidemos ver a decoración da aula e as diferentes partes como son o título, os fíos conductores (3 preguntas ás que lles daremos resposta ao final do proxecto), as tarefas (hoxe realizamos a 0).



O título foi un pouco estrano, xa que faltaban varias palabras e a profe propúxonos que xogáramos coma se fose un xerogrífico. E así o fixemos, por parellas, cada un co seu papel e ideando e adiviñando cal podería ser o título do proxecto. Serviunos esta actividade para motivarnos co proxecto e empezar a traballar.

A continuación, cubrimos o Plan de equipo, por parellas de mesas, co nome e logo do equipo e os nosos compromisos persoais para este trimestre co proxecto.

E, por último, fixemos a metacognición inicial contestando ás catro preguntas: que sei, que quero aprender, que espero do porxecto e como me sinto.

Así quedou finalizada a Tarefa 0 do proxecto "A vaquiña polo que vale"



 

domingo, 27 de septiembre de 2020

MOVÉMONOS SEGUROS POLO COLE

Este curso 2020-2021 ven cargado de novas rutinas e normas devido ao COVID19, co que moitas das accións que facemos polas diferentes zonas do noso cole están marcadas de novas normas como a distancia, o uso da mascarilla, etc.
Un dos carteis que creamos dendo o propio cole para coidar e non esquecer as novas normas é o que vai a continuación. 
Cada unha das nosas aulas te un cartel coma este, nunha zona visible para seguir coidándonos, a nós mesmos e aos demáis.