lunes, 27 de marzo de 2023

Aniversarios mes de marzo

Rematamos o mes rememorando as celebracións das compañeiras e compañeiros que estiveron de aniversario neste terceiro mes do ano: Olavo, Mateo Miguel e Mariña. 

Moitos parabéns novamente e grazas por compartilo con todas e todos nós!







miércoles, 15 de marzo de 2023

Quen é quen? , concerto didáctico na EMM

No día de onte, as alumas e alumnos de segundo tivemos a sorte de asistir ao espectáculo Quen é quen?, representación teatro-musical ambientada na sabana africana que nos permitiu coñecer un gran abano de instrumentos musicais de diferentes familias.

Este foi un concerto didáctico organizado pola Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, entidade á que gustaría agradecer tanto o seu convite como a súa atención.






miércoles, 8 de marzo de 2023

Conmemoramos o 8M

No día de hoxe, as alumnas e alumnos de segundo conmemoramos o Día Internacional da Muller a través de diferentes dinámicas grupais.

Comezamos a xornada reflexionando sobre a situación de desigualdade sufrida polo colectivo feminino ao longo da historia, provocando así a necesidade da ONU de formalizar esta celebración para reinvindicar os dereitos da muller e a súa equiparación ao sexo masculino en numerosos aspectos sociais.

A continuación enaltecemos a figura de mulleres galegas do pasado como a novelista Rosalía de Castro ou a periodista Sofía Casanova, e tamén do presente como a futbolista Vero Boquete ou as compoñentes do grupo musical Tanxugueiras. 

Para rematar chegamos á coclusión de que a educación é o único camiño para lograr unha sociedade igualitaria que non discrimine aos seus membros segundo o seu xénero.


 


lunes, 6 de marzo de 2023

A vida de Rosalía de Castro.... con marionetas

Dentro dos actos conmemorativos do Día de Rosalía, a pasada semana puidemos desfrutar dun pequeno teatro de títeres organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro.
A través desta representación, levada a cabo polos compañeiros/as de sexto curso, as alumnas e alumnos de primeiro e segundo profundizamos nalgúns dos aspectos máis importantes da vida e obra desta autora, a cal é considerada como unha das figuras máis importantes da nosa literatura.