viernes, 21 de diciembre de 2018

Visita a Don Bosco - Campaña de Nadal

Hoxe visitamos o centro de Don Bosco para aportar o noso pequeno graniño de area neste Nadal. Cada un de nós levou na súa mochila algunha da comida recollida durante as últimas semanas. Alí fixemos algunhas dinámicas sobre o que significa compartir e pasamos un rato moi agradable todos xuntos. 

Fai clic para ver máis imaxes. 

Aniversario

Hoxe celebramos o aniversario do noso compañeiro Xián, e que mellor forma de facelo que comendo tarta. 
Parabéns Xián!



jueves, 20 de diciembre de 2018

Visitamos el Belén

Hoy por la tarde hemos tenido la gran suerte de poder visitar los diferentes Belenes y Misterios del Seminario Menor. Nos han explicado con detalle cada figura y escena representada y hemos pasado un ratito diferente en compañía de nuestros amigos.

Os dejamos algunas fotos.

https://photos.app.goo.gl/s99eBXPyBqUtUhXR8
Haz clic en la imagen para ver más.

Visita Real

Hoxe recibimos a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. 

Outro ano máis tivemos a gran sorte de que nos visitaran e poideran pasar un rato con nós. Aproveitamos o momento para preguntarlles algunhas cousas e darlles as nosas cartas. 

Deixámosvos algunhas fotos do momento. 

Fai clic na imaxe para ver máis.

miércoles, 19 de diciembre de 2018

Aniversario

O domingo foi o aniversario de Alba e onte celebrámolo na clase todos xuntos. 
Parabéns Alba!





Reciclamos pilas

Onte recibimos a visita dunha experta en reciclaxe de pilas que nos explicou todo o necesario para contribuír ao coidado do noso ambiente.

Xunto cos compañeiros de 1º e de 3º reflexionamos e aprendemos moitas cousas sobre as pilas. 




viernes, 14 de diciembre de 2018

Profes especiales

Hace mes y medio llegó a nuestra clase la profe Paula, que dentro de su formación decidió hacer sus prácticas con nosotros. 

Durante todo este tiempo nos ha ayudado cada día en todo nuestro trabajo, nos ha dedicado con mucho cariño su tiempo y siempre ha tenido una sonrisa para nosotros. 

Su estancia aquí se termina pero ella sabe que esta es su casa y puede volver cuando quiera.
¡Gracias Paula!


jueves, 13 de diciembre de 2018

A nosa familia medra

A nosa escola non é solo un lugar no que aprender a ler, a escribir, a sumar e a restar. En todo momento intentamos que o día a día entre nas aulas e que todo o que facemos teña un sentido. 
Aí é onde entra en xogo un dos pilares fundamentais da nosa metodoloxía, que é o traballo por proxectos. 

Cando empezamos "Outra vaca no millo" tiñamos por obxectivo tomar contacto co mundo rural, coa natureza, coa vida no campo, os animais... e vaia se o fixemos!

Hoxe fai 24 días que empezamos a aventura de incubar uns ovos. Día a día, con moito cariño e dedicación coidámolos para que saísen adiante e o martes, por fin, chegou o primeiro de todos. 

Como bo primoxénito, decidimos poñerlle un nome adecuado e escollemos "Píopío". Nas horas seguintes, comezaron a chegar os demais, e deixamos de distinguilos... Primeiro eran tres, despois seis, ao día seguinte o número duplicouse... 

Os nosos pitiños xa son parte da familia de Casa do Neno. Ver as caras de ilusión de todos os pequenos, as ganas coas que entran na clase verde para saudar aos seu novos amiguiños, o respecto co que os tratan... solo por iso merece a pena todo o esforzo e traballo das últimas semanas. 

Sen dúbida unha experiencia única. Os pitiños estarán con nós unha semaniña máis e despois volverán á súa granxa de orixe para que unha marabillosa familia coide deles como se merecen e poidan vivir nun hábitat máis adaptado e mellor para eles. 

Gracias a todos os que fixéstedes posible que toda a comunidade educativa de Casa do Neno poidese vivir esta experiencia. 

Deixámosvos fotos e algún vídeo de todos estes días tan intensos na clase. 

Fai clic na imaxe para ver máis. 

jueves, 6 de diciembre de 2018

Visita á granxa

Entre moitos nervios e coa ilusión a tope, o mércores pola mañá visitamos a granxa da nosa amiga Chus, que un par de semanas antes nos visitou no cole. 

Preparados coas nosas botas e con moitas preguntas chegamos a Morlán, en Trazo. 

Alí, comenzamos vendo as vacas e dándolles de comer, despois poidemos ver os cuchos e incluso saudalos cunha caricia. Continuamos coas galiñas, co porco, recollemos ovos, vimos como se lle poñía a semilla a unha vaca, subimos ao tractor... 

Un día súper completo que tivemos a oportunidade de vivir gracias á amabilidade de Chus e Javier aos que sempre estaremos moi agradecidos. Coñecer de cerca a vida nunha granxa e por encima de todo o respecto e o amor polos animais é algo que sin eles non houbese sido posible. 

E como cremos que unha imaxe vale máis que mil palabras, deixámosvos o enlace ao álbum de fotos para que poidades ver o ben que o pasamos. Desde logo, unha experiencia única que non podía faltar no noso proxecto "Outra vaca no millo". 




Fai clic na imaxe para ver máis. 

martes, 4 de diciembre de 2018

Estamos en Adviento

Comienza el tiempo de preparación para la Navidad, y por esta razón en clase, hemos puesto en clase nuestro calendario de Adviento. 

Cada día sacamos un pequeño papel con alguna "encomienda". A veces es decir gracias, otras compartir la merienda... Cada día que pasa nos recuerda que el nacimiento del Niño Jesús está más cerca y nosotros nos vamos preparando poco a poco. 


lunes, 3 de diciembre de 2018

Entrevistas sobre a vida na granxa

Unha das actividades que tivemos que levar a cabo durante o noso proxecto foi entrevistar a algún membro da nosa familia, ou algún coñecido, para que nos contase cousiñas sobre a vida na granxa e sobre como cambiou o mundo rural desde fai uns anos. 

Como sempre, temos a sorte de que as nosas familias participan dun xeito moi activo e conseguimos obter moitísima información sobre todo o tema.

Tras o atento visionado de todos os vídeos sacamos moitísimas conclusións que nos axudarán á realización do produto final do proxecto, o cal tamén decidimos e vos contaremos proximamente. 

Nas fotos podedes ver como facemos unha rutina de pensamento chamada "Titulares", na que explicamos as conclusións sacadas despois de ver os vídeos. 

Desde logo, unha semana intensa de traballo.