Mostrando entradas con la etiqueta Avaliación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Avaliación. Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de septiembre de 2022

APRENDIENDO A PENSAR

Esta semana hemos aprendido un nuevo tipo de dianas de autoevaliación. 

Se trata de una herramienta que nos ayuda a reflexionar sobre el trabajo que hemos hecho y a autoevaluarlo, en este caso, graduando del 1 al 4 el nivel de consecución de la actividad. 

Poco a poco vamos introduciendo nuevas rutinas que nos ayudan a ser más reflexivos con nuestro trabajo.





viernes, 25 de marzo de 2022

CREANDO CONCIENCIA

Na tarefa 4 do noso proxecto aprendemos a importancia de aforrar auga.

Para facelo, traballamos en equipo e pensamos en consellos para ensinar a outros a non malgastar este ben tan prezado. 

Despois de moito investigar aprendemos a facer un pequeno mapa mental, igual que fan os maiores do cole. Despois autoavaliamos o noso traballo e coavaliamos o dos compañeiros de equipo. 

Como podedes ver, pouco a pouco aumentamos o nivel de traballo de avaliación do mesmo. 

Diana de autoavaliación e coavaliación.








viernes, 4 de marzo de 2022

A AUGA NO MUNDO

Comenzamos a terceira tarefa do noso proxecto e nela traballaremos o reparto de auga no mundo e analizaremos os múltiples problemas que hai en relación a ela. 

Hoxe fixemos unha actividade de búsqueda de información na que aprendemos a porcentaxe de agua doce e salgada do mundo, como afecta a escaseza de auga potable ao ser humano ou canto tardan en biodegradarse algúns productos. 

Finalmente rematamos autoavaliando o noso traballo. 

Deixámosvos algunhas fotos da xornada de traballo. 











lunes, 17 de enero de 2022

MISIÓN: SALVAR O PLANETA

Chegou o ansiado día no que comenzamos un novo proxecto. Chegamos ao cole e todo estaba cambiado e cunha decoración que rapidamente fixo que se escoitaran comentarios sobre o medio ambiente, a natureza e a reciclaxe...





Empezamos co reto - desafío, que é a primeira actividade que sempre realizamos ao inicio dun proxecto. Nesta ocasión tivemos que limpar un montón de lixo que estaba ensuciando o noso colexio e clasificalo nos diferentes colectores. 



Tras recoller todo o lixo comprobamos que a clasificación estivese ben realizada e rematamos cunha rutina de pensamento que se chama: COLOR - SÍMBOLO - IMAXE (CSI) e conseguimos o primeiro selo no noso pasaporte de traballo que se irá enchendo a medida que o proxecto vaia avanzando. 


  

Continuamos copiando os fíos condutores do proxecto no noso novo porfolio, que nesta ocasión será nunha libreta, ao igual que os maiores, decorando a tarefa 0 e facendo a metacognición inicial como ao inicio de cada proxecto.



Fai clic na imaxe para ver máis. 

viernes, 10 de diciembre de 2021

METACOGNICIÓN INTERMEDIA

Cando o noso proxecto chega á metade sempre realizamos un exercicio de reflexión que se chama Metacognición Intermedia. 

Nesta ocasión, por diferentes motivos, tivémola que realizar a distancia, pero non pasou nada, porque entre todos conseguimos pensar sobre o proceso do noso proxecto desde casa. 



viernes, 3 de diciembre de 2021

O NOSO ÁLBUM PERSOAL

Dentro do noso proxecto, unha das partes que traballamos foi a de coñecernos a nós mesmos. 

Por esta razón, gracias á axuda das familias, cada un de nós fixo un álbum de fotos personalizado no que escribiu os acontecementos máis importantes da súa vida, ano por ano. 

Despois compartímolo con toda a clase, e desfrutamos moito vendo as fotos dos compañeiros e compañeiras.





Coma sempre, ao rematar realizamos unha rutina de pensamento para reflexionar sobre o traballo feito, e tamén unha diana de autoavaliación para avaliar o noso trabajo. 



Fai clic na imaxe para ver máis. 



jueves, 6 de febrero de 2020

E SE NOS AVALIAMOS?

Algo importante no traballo por proxectos e en cooperativo é a avaliación, pero non pensedes que só nos avalía a profesora. Ao longo da realización do proxecto e no noso porfolio ímos cubrindo diferentes tipos de avaliacións, principalmente as chamadas "dianas de avaliación". Neste novo proxecto "Non era sen tempo!" estamos coñecendo unha nova diana, de autoavaliación e coavaliación con diferentes niveis. Na de autoavaliación temos que contestar a catro preguntas: recoñezo os meus erros, esforceime, busco solucións aos problemas e son capaz de escoitar aos meus compañeiros. Dentro de cada pregunta, ímos coloreando ata catro niveis de realización (de menos a máis entre 1 e 4). Pero tamén é importante reflexionar sobre o noso compromiso cos compañeiros do equipo, polo que as preguntas da coavaliación son: aprendemos algo novo, esforzámonos ao máximo, buscamos solucións aos problemas e fomentamos que todos participen por igual no equipo.






jueves, 16 de mayo de 2019

Aforramos auga

Durante as últimas sesións de clase adicadas ao noso proxecto, traballamos sobre como podemos aforrar auga. 
En parellas deseñaron un tríptico informativo con consellos para aforrar auga nas nosas casas e na vida diaria, que tiveron que pensar e buscar eles mesmos. 





Despois reflexionamos sobre o traballo realizado a través dunha diana de autoavaliación e doutras de coavaliación, e ademais fixemos unha rutina de pensamento de repaso chamada Titulares.

Deixámosvos algunhas fotos da actividade. 



jueves, 2 de mayo de 2019

Un tesouro moi prezado

O noso proxecto sobre a auga continua e nesta ocasión fixemos de súper detectives tratando de buscar a resposta a unhas preguntas. 





Traballamos en equipo e entre todos respondemos a preguntas relacionadas coa cantidade de auga salgada e doce que hai na terra, consellos sobre como aforrar auga, o número de anos que tarda en desfacerse o lixo na auga...

Despois fixemos unha diana de autoavaliación e outra de coavaliación para analizar o noso traballo.