Como non podía ser doutro xeito, pechamos este curso académico realizando unha última rutina de pensamento: Ventá ao pasado, ventá ao futuro.
A través desta actividade puidemos lembrar, analizar e valorar o acontecido durante o transcurso deste curso que hoxe remata e, a continuación, expresar as nosas inquedanzas e desexos para o vindeiro curso.