Hoxe visitamos a EDAR (Estación de Depuración de Augas Residuais) de Aríns, e a ETAP (Tratamento de Auga Potable), en Santiago de Compostela, gracias á empresa Viaqua que nos facilitou realizar ambas visitas.
Comenzamos en Aríns coñecendo todo o proceso que realizan as augas residuais desde que saen das nosas casas ata que volve a ser devolta aos ríos. Ademais aprendemos a importancia de non ensuciar a auga e o costoso que é todo o proceso de limpeza da mesma.
Despois trasladámonos á planta da ETAP para coñecer de cerca como se potabiliza a auga e como esta chega posteriormente ás nosas casas.
Parécenos importante que os nenos coñezan de primeira man todos estes procesos para que valoren e sexan conscientes da importancia de non malgastar a auga e de non contaminala.
Moitas gracias a Marta e a todo o equipo que fixo posible que os nosos peques coñecesen este proceso dun xeito tan activo e vivencial.
Deixámosvos algunhas fotos.
|
Fai clic na imaxe para ver máis. |