Con motivo da celebración das Letras Galegas, este ano decidimos facer un podcast falando sobre a homenaxeada deste ano: Luisa Villalta.
Traballamos de maneira conxunta cos nosos compañeiros e compañeiras de 3º de E.P. e falamos sobre a súa vida.
Con motivo da celebración das Letras Galegas, este ano decidimos facer un podcast falando sobre a homenaxeada deste ano: Luisa Villalta.
Traballamos de maneira conxunta cos nosos compañeiros e compañeiras de 3º de E.P. e falamos sobre a súa vida.
Durante o mes de Maio, no colexio fixemos diferentes actividades para celebrar a festividade das Letras Galegas.
Unha destas actividades foi un concerto na que algúns dos nosos compañeiros e compañeiras interpretaron algunhas pezas musicais típicas de Galicia.
Podedes ver o vídeo cas actuacións aquí debaixo:
En este 2022, o día das Letras Galegas foi dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, un poeta da comarca de Valdeorras recoñecido pola súa obra poética, pero tamén polos seus valores e o seu traballo político no exilio.
Na súa honra, o pasado mércores na clase de Lingua Galega fixemos un pequeno xogo de investigación para coñecer un pouco máis ao homenaxeado deste ano.
Como actividade principal, dentro da semana de celebración das Letras Galegas, coñecéronse varios versos de diferentes obras de Xela Arias, a homenaxeada deste ano 2021.
Tras elixir e ler un verso desta profesora, tradutora e escritora, había que escribilo e realizar un debuxo no que quedara plasmada a mensaxe que nos transmitía.
Igual que a poesía pode transmitir emocións e vivencias que cada un entende dende a súa experiencia, tamén nos debuxos pode os transmitir o mesmo.
Aquí podedes ver unha mostra da creatividade dos nenos e nenas de segundo.