sábado, 31 de diciembre de 2022

Aniversarios mes de decembro

Rematamos o ano rememorando as celebracións das compañeiras e compañeiros que estiveron de aniversario neste duodécimo mes do ano: Roi P., Carla e Alicia. 

Moitos parabéns novamente e gracias por compartilo con todas e todos nós!








sábado, 24 de diciembre de 2022

Felicitación de Nadal


As alumnas e alumnos de segundo queremos facervos chegar os nosos mellores desexos para estos momentos tan especiais. Agardamos que desfrutedes destas datas na compaña dos vosos seres queridos. 

Bo Nadal e Felices Festas!


PD: Compartimos con vós a nosa actuación no Festival de Nadal do pasado día 16 para amenizar a velada.

https://youtu.be/QmyuYSnVv-U?t=344


miércoles, 21 de diciembre de 2022

Visita Real

Esta mañá, as alumnas e alumnos de segundo recibimos a grata e sorprendente visita do Rei Melchor.

Este, sendo consciente de que estabamos elaborando unha carta para enviárllela ás súas Maxestades de Oriente, montou no seu camelo e viaxou milleiros de quilómetros ata a nosa biblioteca para recoller en man as nosas peticións e responder ás nosas inquedanzas.

Como remate a este agradable encontro, a Súa Maxestade agasallounos cunhas fantásticas gorras.