viernes, 25 de noviembre de 2022

Conmemoramos o 25-N

Esta mañá, as alumnas e alumnos de segundo conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia cara as mulleres a través diferentes actividades como contos, vídeos e reflexións. 

Xuntos chegamos á conclusión de que a educación é a principal ferramenta da que dispoñemos para previr calquera tipo de violencia, logrando así construír un futuro próspero cheo de paz e harmonía.





martes, 22 de noviembre de 2022

Venres de celebracións!

Este pasado venres, 18 de novembro, foi unha xornada chea de celebracións para toda a familia da Casa do Neno.

En primeiro lugar, co Día do pixama pretendimos conmemorar o Día Mundial da Infancia (20 de novembro), dotando de visibilidade o acollemento familiar e o dereito de todas as nenas e nenos a medrar no seo dunha familia rodeados de amor e tenrura.



Continuamos esta xornada festiva cun dos festexos máis populares da nosa comunidade: o magosto. Mentres degustábamos unhas saborosas castañas, tivemos ocasión de cantar e bailar cunha gran selección de pezas musicais galegas de diferentes estilos e épocas.

Como colofón a este espléndido día, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega agasallounos cunha adaptación de xogos tradicionais como os birlos, a mariola, a chave ou a rá.










martes, 15 de noviembre de 2022

Visita dunha dentista

Esta mañá recibimos a visita da dentista e hixienista dental Carolina Barrero López, actividade encadrada dentro do noso proxecto de ciencias Nin pés nin cabeza mediante o cal estamos a aprender innumerables aspectos sobre o corpo humano. 

A temática deste coloquio, como non podería ser doutro xeito, foi a boca. Nel repasamos as diferentes partes da mesma e as súas funcións, a súa importancia nos diferentes sistemas nos que está dividido o noso corpo e, ademais, recibimos numerosos consellos para conservar a nosa boca limpa e saudable.

E, como colofón, agasalláronos con un kit de limpeza composto por un cepillo e un tubo de pasta de dentes.

Moitas gracias Carolina por compartir con nós os teus coñecementos!











domingo, 13 de noviembre de 2022

Obradoiro sobre o consumo.

 Este pasaxo xoves, 10 de novembro, as alumnas e alumnos de primeiro e segundo curso de Educación Primaria recibimos a visita de representantes da Escola Galega de Consumo, os cales nos agasallaron con un obradoiro sobre o consumo responsable. 

Coa vista posta nas celebracións de Nadal, obtivemos algunhas recomendacións sobre a publicidade que poderemos ver en breves nos diferentes medios e, ademais, a formación necesaria para comprender as etiquetas dos diferentes agasallos que as Súas Maxestades de Oriente nos obsequiarán nas próximas datas.

Como remate a este obradoiro confeccionamos os nosos propios adornos de Nadal, incluíndo as súas correspondentes etiquetas, cos que de seguro engalanaremos os nosos fogares dun xeito especial.







jueves, 3 de noviembre de 2022

CUMPLEAÑOS LÍA

Y dentro de este mes tan festivo, también hemos tenido a Lía de cumple. 

¡Felicidades Lía!



miércoles, 2 de noviembre de 2022

O SISTEMA RESPIRATORIO

O noso proxecto continúa avanzando e agora estamos inmersos en coñecer o corpo humano por dentro. 

Durante toda a semana aprendemos como funciona o sistema repiratorio e por que é tan importante o oxíxeno para o noso corpo.

E coma sempre vos dicimos que a mellor forma de aprender é facendo, fixemos uns pulmóns na clase para comprender como entra e sae o aire do noso corpo. 

Deixámosvos algunhas fotos.