Mostrando entradas con la etiqueta TVCasadoNeno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TVCasadoNeno. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de enero de 2022

TEMPO AO TEMPO - PRODUTO FINAL

Ao remate do noso primeiro proxecto todos e todas deixamos unha mensaxe para o futuro. 

Unha mensaxe especial para alguén especial, para nós mesmos, que dentro de 4 anos volveremos a ver todos e todas xuntos.

Este foi o noso produto final que compartimos con todos e todas vós. 



viernes, 17 de diciembre de 2021

DIFERENTES ETAPAS DA VIDA

Esta última tarefa do proxecto tivémola que adaptar ás circunstancias que nos tocou vivir nestas últimas semanas, pero a pesar de todo conseguimos realizar a tarefa máis importante, que era entrar en contacto con outra xeración. 

En outros tempos houbésemos feito moitas máis cousas con eles, pero nestes días preparamos unhas postais navideñas para compartir cos amigos da Residencia Raiola. 

Con moito cariño esforzámonos por facer unha letra bonita e clara, e por escribir unha mensaxe nelas de cariño e felicitación das festas nas que nos atopamos.

Ademais, cada un de nós elixiu o modelo que quixo e decorouna con moito esmero.

Deixámosvos algunhas fotos e un vídeo coa nosa felicitación especial para todos eles. 
Moi pronto recibiremos as nosas e tamén volo ensinaremos. 









miércoles, 20 de febrero de 2019

O día, a noite, os meses

Outras actividades que estamos realizando dentro desta primera tarefa do proxecto son as realizadas en relación ao paso do tempo.

Na clase traballamos que un día son 24 horas e a súa relación coa rotación da terra, e que un ano son 365 días e a súa relación coa traslación da mesma.



Deixámosvos un pequeno vídeo no que algúns peques reflexionan sobre o aprendido e que eles mesmos prepararon e organizaron. 


Dentro desde proceso falamos tamén das estacións do ano e polo tanto do paso dos meses. Neste caso realizamos unha actividade en equipo de investigación de cada mes do ano, recompilando información interesante como refráns sobre ese mes, a temperatura media na nosa comunidade, festas, curiosidades, comidas típicas... e coma sempre, ao rematar autovaliamos e coavaliamos o noso traballo.




Fai clic na imaxe para ver máis. 


Como podedes ver un traballo intenso do proxecto que avanza a fume de carozo!

miércoles, 23 de enero de 2019

Os tipos de paisaxes

Hai algunhas semanas traballamos os tipos de paisaxes e decidimos facer un pequeno programa de televisión para que outras persoas aprendan esta clasificación.

Deixámosvos o enlace ao vídeo que fixemos.