viernes, 21 de diciembre de 2018

Visita a Don Bosco - Campaña de Nadal

Hoxe visitamos o centro de Don Bosco para aportar o noso pequeno graniño de area neste Nadal. Cada un de nós levou na súa mochila algunha da comida recollida durante as últimas semanas. Alí fixemos algunhas dinámicas sobre o que significa compartir e pasamos un rato moi agradable todos xuntos. 

Fai clic para ver máis imaxes. 

Aniversario

Hoxe celebramos o aniversario do noso compañeiro Xián, e que mellor forma de facelo que comendo tarta. 
Parabéns Xián!



jueves, 20 de diciembre de 2018

Visitamos el Belén

Hoy por la tarde hemos tenido la gran suerte de poder visitar los diferentes Belenes y Misterios del Seminario Menor. Nos han explicado con detalle cada figura y escena representada y hemos pasado un ratito diferente en compañía de nuestros amigos.

Os dejamos algunas fotos.

https://photos.app.goo.gl/s99eBXPyBqUtUhXR8
Haz clic en la imagen para ver más.

Visita Real

Hoxe recibimos a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. 

Outro ano máis tivemos a gran sorte de que nos visitaran e poideran pasar un rato con nós. Aproveitamos o momento para preguntarlles algunhas cousas e darlles as nosas cartas. 

Deixámosvos algunhas fotos do momento. 

Fai clic na imaxe para ver máis.

miércoles, 19 de diciembre de 2018

Aniversario

O domingo foi o aniversario de Alba e onte celebrámolo na clase todos xuntos. 
Parabéns Alba!





Reciclamos pilas

Onte recibimos a visita dunha experta en reciclaxe de pilas que nos explicou todo o necesario para contribuír ao coidado do noso ambiente.

Xunto cos compañeiros de 1º e de 3º reflexionamos e aprendemos moitas cousas sobre as pilas. 




viernes, 14 de diciembre de 2018

Profes especiales

Hace mes y medio llegó a nuestra clase la profe Paula, que dentro de su formación decidió hacer sus prácticas con nosotros. 

Durante todo este tiempo nos ha ayudado cada día en todo nuestro trabajo, nos ha dedicado con mucho cariño su tiempo y siempre ha tenido una sonrisa para nosotros. 

Su estancia aquí se termina pero ella sabe que esta es su casa y puede volver cuando quiera.
¡Gracias Paula!


jueves, 13 de diciembre de 2018

A nosa familia medra

A nosa escola non é solo un lugar no que aprender a ler, a escribir, a sumar e a restar. En todo momento intentamos que o día a día entre nas aulas e que todo o que facemos teña un sentido. 
Aí é onde entra en xogo un dos pilares fundamentais da nosa metodoloxía, que é o traballo por proxectos. 

Cando empezamos "Outra vaca no millo" tiñamos por obxectivo tomar contacto co mundo rural, coa natureza, coa vida no campo, os animais... e vaia se o fixemos!

Hoxe fai 24 días que empezamos a aventura de incubar uns ovos. Día a día, con moito cariño e dedicación coidámolos para que saísen adiante e o martes, por fin, chegou o primeiro de todos. 

Como bo primoxénito, decidimos poñerlle un nome adecuado e escollemos "Píopío". Nas horas seguintes, comezaron a chegar os demais, e deixamos de distinguilos... Primeiro eran tres, despois seis, ao día seguinte o número duplicouse... 

Os nosos pitiños xa son parte da familia de Casa do Neno. Ver as caras de ilusión de todos os pequenos, as ganas coas que entran na clase verde para saudar aos seu novos amiguiños, o respecto co que os tratan... solo por iso merece a pena todo o esforzo e traballo das últimas semanas. 

Sen dúbida unha experiencia única. Os pitiños estarán con nós unha semaniña máis e despois volverán á súa granxa de orixe para que unha marabillosa familia coide deles como se merecen e poidan vivir nun hábitat máis adaptado e mellor para eles. 

Gracias a todos os que fixéstedes posible que toda a comunidade educativa de Casa do Neno poidese vivir esta experiencia. 

Deixámosvos fotos e algún vídeo de todos estes días tan intensos na clase. 

Fai clic na imaxe para ver máis. 

jueves, 6 de diciembre de 2018

Visita á granxa

Entre moitos nervios e coa ilusión a tope, o mércores pola mañá visitamos a granxa da nosa amiga Chus, que un par de semanas antes nos visitou no cole. 

Preparados coas nosas botas e con moitas preguntas chegamos a Morlán, en Trazo. 

Alí, comenzamos vendo as vacas e dándolles de comer, despois poidemos ver os cuchos e incluso saudalos cunha caricia. Continuamos coas galiñas, co porco, recollemos ovos, vimos como se lle poñía a semilla a unha vaca, subimos ao tractor... 

Un día súper completo que tivemos a oportunidade de vivir gracias á amabilidade de Chus e Javier aos que sempre estaremos moi agradecidos. Coñecer de cerca a vida nunha granxa e por encima de todo o respecto e o amor polos animais é algo que sin eles non houbese sido posible. 

E como cremos que unha imaxe vale máis que mil palabras, deixámosvos o enlace ao álbum de fotos para que poidades ver o ben que o pasamos. Desde logo, unha experiencia única que non podía faltar no noso proxecto "Outra vaca no millo". 




Fai clic na imaxe para ver máis. 

martes, 4 de diciembre de 2018

Estamos en Adviento

Comienza el tiempo de preparación para la Navidad, y por esta razón en clase, hemos puesto en clase nuestro calendario de Adviento. 

Cada día sacamos un pequeño papel con alguna "encomienda". A veces es decir gracias, otras compartir la merienda... Cada día que pasa nos recuerda que el nacimiento del Niño Jesús está más cerca y nosotros nos vamos preparando poco a poco. 


lunes, 3 de diciembre de 2018

Entrevistas sobre a vida na granxa

Unha das actividades que tivemos que levar a cabo durante o noso proxecto foi entrevistar a algún membro da nosa familia, ou algún coñecido, para que nos contase cousiñas sobre a vida na granxa e sobre como cambiou o mundo rural desde fai uns anos. 

Como sempre, temos a sorte de que as nosas familias participan dun xeito moi activo e conseguimos obter moitísima información sobre todo o tema.

Tras o atento visionado de todos os vídeos sacamos moitísimas conclusións que nos axudarán á realización do produto final do proxecto, o cal tamén decidimos e vos contaremos proximamente. 

Nas fotos podedes ver como facemos unha rutina de pensamento chamada "Titulares", na que explicamos as conclusións sacadas despois de ver os vídeos. 

Desde logo, unha semana intensa de traballo. 





viernes, 30 de noviembre de 2018

Jugamos con las básculas y el peso

En clase de matemáticas esta semana hemos visto qué es eso de los kilogramos y de los gramos. Como siempre, lo hacemos a través del juego y la manipulación, estimando medidas y poniendo en práctica lo que aprendemos. 

En este caso nuestro objetivo era conseguir objetos que pesasen 100 gramos y 180 gramos en las básculas. 

Como siempre todos muy motivados y entretenidos con la tarea. Os dejamos algunas fotos. 







jueves, 29 de noviembre de 2018

Ajedrez

Esta semana hemos trabajado qué es eso de la coronación de los peones. A través del tablero mural y de las fichas de nuestro libro tratamos de entender el concepto, y como no, después, lo practicamos jugando en los tableros. 

Os dejamos unas fotos de la clase. 






martes, 27 de noviembre de 2018

Comeza o Nadal

Onte no noso colexio demos comezo a esta época do ano tan máxica e bonita que é o Nadal. Todos xuntos preparamos a árbore e o Belén e encendimos as luces mentres pediamos un desexo. 

https://photos.app.goo.gl/m5jiJZrvUNFrfiHT8
Fai clic na imaxe para ver máis.


domingo, 25 de noviembre de 2018

Visítanos unha granxeira

Un dos obxectivos do noso proxecto é coñecer e valorar o traballo diario que se realiza nunha granxa. Por esta razón, o pasado venres visitounos Chus, unha amiga moi especial do noso colexio que dirixe unha explotación gandeira. 

Xunto a ela pasamos toda a mañá coñecendo o día a día dunha granxa, como é o traballo que se realiza, que ferramentas utilizan, que comen os animais, como se debe coidalos...

Desde logo, foi unha mañá moi productiva porque xunto a ela e toda a súa experiencia aprendemos moitísimas cousas do mundo dos animais e da granxa. 

Agradecemos moito a Chus, que fixo unha parada no seu quefacer diario, que nos acompañase nesta mañá e que nos transmitise con tanto cariño toda a súa sabedoría. 

O mellor é que nun par de semanas volverémonos a atopar con ela para seguir aprendendo...!

Fai clic na imaxe para ver máis. 

miércoles, 21 de noviembre de 2018

Os nosos ovos

Día a día continuamos coidando os nosos ovos realizando todo o necesario para que se formen adecuadamente. 

A primeira e a última hora dámoslles a volta e ata fixemos un horario para que non se nos esqueza nadiña!



Ciberemat

Como complemento a las clases de matemáticas semanalmente dedicamos 20 minutos a Ciberemat.
Se trata de una plataforma en la que repasamos los contenidos que hemos trabajado en las clases de matemáticas pero a través del juego.

Se trata de uno de los momentos más divertidos de la semana y los peques se esfuerzan muchísimo para hacerlo siempre lo mejor posible.





martes, 20 de noviembre de 2018

Ajedrez

Al igual que el pasado curso continuamos con nuestras sesiones semanales de ajedrez. Poco a poco vamos refinando nuestra técnica y aprendiendo más de este maravilloso juego que tantas cosas buenas nos enseña.






lunes, 19 de noviembre de 2018

Novos membros na nosa clase

O noso proxecto continúa a súa marcha e sempre aparece xente estupenda que de forma altruísta nos quere axudar para que a nosa aprendizaxe medre e teñamos o máximo de experiencias posibles.

Hoxe recibimos a visita dunha familia que conseguiu todo o necesario para que poidamos incubar ovos na clase. Durante os próximos 21 días temos a responsabilidade de coidar deles para que todo saia ben. 


Entre todos coidaremos a diario dos ovos para que pasado o tempo necesario poida nacer algún pitiño que despois devolveremos á súa mamá.

Iremos contándovos toda a experiencia por aquí. De momento estamos moi ilusionados con este novo proxecto no que nos imos enrolar. 

Fai clic na imaxe para ver máis.

Matemáticas

Las sesiones de matemáticas que llevamos a cabo tienen un carácter lúdico y muy dinámico, por eso siempre estamos muy entretenidos durante su transcurso. 

La semana pasada trabajamos en diferentes escenarios de aprendizaje, y mientras unos jugaban al bingo, los otros resolvían una ficha y los otros jugaban a un juego de cubos. 

Todo esto hace que nos mantengamos alerta, que nuestra atención esté siempre activa y que no decaiga la motivación. 

Os dejamos algunas fotos. 




sábado, 17 de noviembre de 2018

O Casariódico

Esta semana continuamos traballando as noticias e como isto do xornalismo nos gusta moito decidimos facer un periódico. 

Por parexas inventamos noticias seguindo un patrón, xustámolas todas e fixemos un periódico "O Casariódico".





Podedes disfrutar desta primeira edición do noso periódico no seguinte enlace:




Aniversarios

Hoxe celebraron o seu aniversario os nosos compañeiros Verónica e Álvaro. 

Parabéns aos dous!