Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias Sociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias Sociais. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de mayo de 2023

Imos de excursión a ... A Casa do Queixo!

No día de onte, as nenas e nenos de segundo, xunto con alumnado de outros cursos, tivemos a inmensa sorte de visitar un fermoso e interesante lugar no concello de Sobrado dos Monxes: A Casa do Queixo.

Tal e como nos suxire o seu nome, todas e todos nos imaxinamos que unha das actividades levadas a cabo foi a elaboración do noso propio queixo fresco, o cal posteriormente degustamos con moito gusto tralo traballo feito.

Durante esta saída coñecemos numerosas labores artesás típicas da nosa comunidade, entre as que destacamos a cestaría e a olaría, experimentando nas nosas propias mans a dificultade do traballo desta última.





Nesta fermosa paraxe rural non podían faltar as actividades relacionadas coa agricultura, ese importante sector que, xunto co gandeiro, foi un dos principais motores económicos da nosa comunidade durante séculos. 

Ainda que con un pouco de retraso no calendario agrícola, prantamos os nosos propios pementos de Padrón, os cales agardamos poder degustar en breves.



E, como colofón a esta xornada tan especial, coñecemos aos animais que viven neste fantástico lugar como o burro Platero, a egua Rosalía, a porquiña Pepa... e a outros moitos máis, os cales agasallamos co noso cariño e con algún pequeno petisco.









viernes, 14 de abril de 2023

Iniciamos un novo proxecto: HAKUNA MATATA

HAKUNA MATATA é o nome do terceiro e último proxecto que levaremos a cabo neste curso, mediante o cal nos adentraremos no mundo animal para descubrir numerosos aspectos sobre estes seres.



Como comezo do mesmo recibimos a visita dunha singular vaca, a cal nos pideu axuda para descubrir que animais desapareceran da súa granxa. Para resolver este misterio proporcionounos tres pistas: unhas pegadas, unha gravación sonora de cada animal e unha imaxe dunha cámara de seguridade en anaquiños. Con estes indicios, e grazas á nosa excelente labor como detectives, puidemos averiguar a identidade dos animais desaparecidos.








domingo, 29 de enero de 2023

Comezamos o noso novo proxecto: GREENLANDIA

GREENLANDIA é o nome do novo proxecto que desenvolveremos nesta segunda avaliación, mediante o cal exploraremos verdes e frondosos lugares para descubrir numerosos aspectos sobre o medio ambiente.


Como comezo do mesmo recibimos a visita dun estraño feiticeiro chegado de lonxanas e verdes terras, o cal se presentou na nosa aula coa finalidade de transmitirnos o poder e a maxia que posúe a auga e a súa  importancia para co coidado e preservación do medio ambiente.






martes, 15 de noviembre de 2022

Visita dunha dentista

Esta mañá recibimos a visita da dentista e hixienista dental Carolina Barrero López, actividade encadrada dentro do noso proxecto de ciencias Nin pés nin cabeza mediante o cal estamos a aprender innumerables aspectos sobre o corpo humano. 

A temática deste coloquio, como non podería ser doutro xeito, foi a boca. Nel repasamos as diferentes partes da mesma e as súas funcións, a súa importancia nos diferentes sistemas nos que está dividido o noso corpo e, ademais, recibimos numerosos consellos para conservar a nosa boca limpa e saudable.

E, como colofón, agasalláronos con un kit de limpeza composto por un cepillo e un tubo de pasta de dentes.

Moitas gracias Carolina por compartir con nós os teus coñecementos!











domingo, 13 de noviembre de 2022

Obradoiro sobre o consumo.

 Este pasaxo xoves, 10 de novembro, as alumnas e alumnos de primeiro e segundo curso de Educación Primaria recibimos a visita de representantes da Escola Galega de Consumo, os cales nos agasallaron con un obradoiro sobre o consumo responsable. 

Coa vista posta nas celebracións de Nadal, obtivemos algunhas recomendacións sobre a publicidade que poderemos ver en breves nos diferentes medios e, ademais, a formación necesaria para comprender as etiquetas dos diferentes agasallos que as Súas Maxestades de Oriente nos obsequiarán nas próximas datas.

Como remate a este obradoiro confeccionamos os nosos propios adornos de Nadal, incluíndo as súas correspondentes etiquetas, cos que de seguro engalanaremos os nosos fogares dun xeito especial.







miércoles, 2 de noviembre de 2022

O SISTEMA RESPIRATORIO

O noso proxecto continúa avanzando e agora estamos inmersos en coñecer o corpo humano por dentro. 

Durante toda a semana aprendemos como funciona o sistema repiratorio e por que é tan importante o oxíxeno para o noso corpo.

E coma sempre vos dicimos que a mellor forma de aprender é facendo, fixemos uns pulmóns na clase para comprender como entra e sae o aire do noso corpo. 

Deixámosvos algunhas fotos. 










viernes, 14 de octubre de 2022

O ESQUELETO

O noso proxecto continúa e semana a semana avanzamos un pouquiño máis. 

Despois de rematar a tarefa 0, na que organizamos o traballo do noso equipo e reflexionamos sobre o que ibamos traballar e aprender, comenzamos a tarefa 1, que se chama O PUZZLE DO NOSO CORPO. 

Nela, traballamos as partes do corpo e como se din en galego, os ósos e os músculos do corpo e cal é a súa función dentro do mesmo. 

Coma sempre, non se trata de memorizar, senón de que as aprendizaxes que realizamos sexan significativas, por eso fixemos este traballo a través de xogos, vendo radiografías e analizando situacións reais. 





Rematamos coma sempre, reflexionando a través dunha rutina de pensamento que se chama 1 IMAXE, 5 PALABRAS, na que resumimos en 5 palabras o que aprendemos nas actividades plantexadas previamente. 





lunes, 3 de octubre de 2022

NIN PÉS NIN CABEZA!

Hoxe comenzamos o proxecto que se levará a cabo ao longo de todo este primeiro trimestre, e que chamaremos NIN PÉS NIN CABEZA. 

Ao chegar ao cole todo estaba cambiado e algún hasta pensaba que se equivocara de cole!







Ao chegar tivemos que resolver un gran problema, xa que o noso amigo Kubo estaba enfermo e tivemos que aacompañalo ao hospital para que lle fixeran unha radiografía. Menos mal que ao final solo foi un golpe e non tiña nada roto!







Despois reflexionamos sobre esta actividade de motivación inicial cunha rutina de pensamento que se chama CSI e autoavaliamos o noso traballo, a través dunha diana de avaliación.




Rematamos a mañá reflexando todo esto no noso novo porfolio e facendo a metacognición inicial, coa que reflexionamos sobre o traballo que faremos ao longo de todo o trimestre. Unha mañán chea de traballo e moi emocionante!