En este 2022, o día das Letras Galegas foi dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, un poeta da comarca de Valdeorras recoñecido pola súa obra poética, pero tamén polos seus valores e o seu traballo político no exilio.
Na súa honra, o pasado mércores na clase de Lingua Galega fixemos un pequeno xogo de investigación para coñecer un pouco máis ao homenaxeado deste ano.
Por todo o cole había carteis con información diversa sobre o escritor, e esta información era a que nós tiñamos que atopar para acadar a resposta ás diferentes preguntas que se nos propuxeron.
Pásamolo moi ben e aprendimos un pouquiño máis sobre Florencio.
Feliz Día das Letras Galegas a todos!