20 de noviembre, celebramos un día muy importante para nosotros.
EL DÍA DEL NIÑO
20 de noviembre, celebramos un día muy importante para nosotros.
EL DÍA DEL NIÑO
Este pasado venres, 18 de novembro, foi unha xornada chea de celebracións para toda a familia da Casa do Neno.
En primeiro lugar, co Día do pixama pretendimos conmemorar o Día Mundial da Infancia (20 de novembro), dotando de visibilidade o acollemento familiar e o dereito de todas as nenas e nenos a medrar no seo dunha familia rodeados de amor e tenrura.
Continuamos esta xornada festiva cun dos festexos máis populares da nosa comunidade: o magosto. Mentres degustábamos unhas saborosas castañas, tivemos ocasión de cantar e bailar cunha gran selección de pezas musicais galegas de diferentes estilos e épocas.
Como colofón a este espléndido día, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega agasallounos cunha adaptación de xogos tradicionais como os birlos, a mariola, a chave ou a rá.