sábado, 26 de octubre de 2019

ZAZÚ

Esta fin de semana Zazú vaise con Lucía. Esperamos que o pasen moi ben xuntos e que o próximo luns nos conten moitas cousas divertidas.

viernes, 25 de octubre de 2019

VISITA

Tivemos a sorte de ter a visita da compañeira Allegra, de 4°, que nos trouxo un libro moi especial sobre os animais. Contounos algunha cousiña e ensinounos imaxes espectaculares!!!
Agora poderemos disfrutar todos del porque nolo presta para o noso rincón do proxecto.
Graciñas Allegra!!!!!

jueves, 24 de octubre de 2019

TIPOS DE ANIMAIS

Dentro do noso proxecto estamos a ver e aprender os tipos de animais que existen. Cada equipo buscou información sobre un tipo (mamíferos, peixes, aves, anfibios e reptís) a través de diferentes vídeos e cubrindo unha parte dun esquema. Primeiro traballamos individualmente visualizando o vídeo e cubrindo o esquema. A continuación, compartimos no grupo as anotacións para completar, correxir, opinar, poñerse dacordo... o que é traballo cooperativo!!!!
O último paso foi completar o esquema entre todos os grupos e aprender coas explicacións que cada un aportaba.
Que divertido é traballar e aprender coas tabletas, os vídeos, facendo esquemas e compartindo en equipo!!!





martes, 22 de octubre de 2019

LA DAMA

Esta es una pieza con mucho poder dentro del tablero. Sus movimientos van hacia todas las direcciones y tantas casillas como quiera hasta que se encuentre o capture una pieza del color contrario.
Esto puede parecer aburrido, pero si lo aprendemos a través de una canción y haciendo pequeñas partidas de ajedrez en grupo, donde tenemos que respetar los turnos, ponernos de acuerdo para realizar los movimientos y comentar posibles situaciones en el tablero, con algunas de las piezas como la torre, el alfil o el peón, se convierte en una clase divertida.
Aquí va una muestra de ello.




lunes, 21 de octubre de 2019

CUMPLEAÑOS FELIZ

¡Nuestro compañero Leo ya se hace mayor! Hoy celebramos que ya cumplió 7 años, cantándole el "cumpleños feliz" y deseándole mucha felicidad. Y él compartió con  nosotros un riquísimo bizcocho casero.
¡Muchas Felicidades Leo!

sábado, 19 de octubre de 2019

ZAZÚ

Retomamos de novo as nosas aventuras xunto a nosa mascota Zazú. No primeiro fin de semana tocoulle á nosa compañeira Julia. Esperamos que o pasen moi ben xuntos e estamos ansiosos por escoitar, o próximo luns, todo o que fixeron xuntos. Noraboa Julia e Zazú!!!
 

viernes, 18 de octubre de 2019

XOGAMOS COAS DECENAS

Grazas ao EMAT aprendemos de moitas formas diferentes!
Unha delas e crear decenas ao redor da aula, por onde paseamos ao ritmo da música, levando unha cantidade de paliños de cores entre 1 e 9. Cando a música remata xuntámonos en varios grupos creando unha decena cos paliños que temos cada un.




miércoles, 16 de octubre de 2019

MAÑANAS MOTIVADORAS

¿Qué mejor manera de empezar el día que bailando y cantando canciones que nos transmiten buenas energías y mensajes positivos?
Así cargamos las pilas de nuestro cerebro con ideas que nos ayudan a creer que somos capaces, que tendremos un buen día y despertamos el cuerpo bailando y expresándonos libremente.
https://youtu.be/DmrTzxix1Cw

viernes, 11 de octubre de 2019

ANIMAHEROES... ANÍMASTE?

Comezamos novo proxecto!!!!!
A mañá estivo chea de sorpresas, ilusións, risas, novidades...
Despois da sorpresa de ver os cambios na aula e nas mesas cos novos equipos de traballo, chegou a gran novidade que foi recibir e ler unha carta de Lupita, a gatiña da nosa profe Cris. Na mesma, contábanos un pouquiño como comezou a súa vida e como chegou a vivir con ela fai xa uns anos. Ademais animounos a aprender moito, ao longo do proxecto, sobre os diferentes tipos tipos de animais e os traballos que se desenvolven con eles. Pero non será esta a última vez que se poña en contacto con nós porque xa nos avisou que máis adiante daranos unha importante misión, que teremos que levar a cabo coma HEROES que seremos polo benestar dos ANIMAIS.
Estamos máis que ANIMADOS a aprender e desfrutar deste novo proxecto!!!!





martes, 8 de octubre de 2019

XADREZ

Xa dimos  comezo coas clases de xadrez. Repasamos os elementos que o compoñen e practicamos as posicións espaciais dentro do taboleiro xigante, asi como a función e movementos dese pequeno pero importante amigo... o PEÓN.