Rematamos o mes rememorando a celebración do aniversario do noso compañeiro Enzo.
Moitos parabéns novamente e grazas por compartilo con todas e todos nós!
Rematamos o mes rememorando a celebración do aniversario do noso compañeiro Enzo.
Moitos parabéns novamente e grazas por compartilo con todas e todos nós!
HAKUNA MATATA é o nome do terceiro e último proxecto que levaremos a cabo neste curso, mediante o cal nos adentraremos no mundo animal para descubrir numerosos aspectos sobre estes seres.
Como comezo do mesmo recibimos a visita dunha singular vaca, a cal nos pideu axuda para descubrir que animais desapareceran da súa granxa. Para resolver este misterio proporcionounos tres pistas: unhas pegadas, unha gravación sonora de cada animal e unha imaxe dunha cámara de seguridade en anaquiños. Con estes indicios, e grazas á nosa excelente labor como detectives, puidemos averiguar a identidade dos animais desaparecidos.
O pasado xoves foi un día moi especial para os alumnos/as de Educación Primaria de Casa do Neno, xa que novamente recibimos ás nosas familias para levar a cabo a segunda Celebración da Aprendizaxe deste curso.
Neste evento, as alumnas e alumnos de segundo curso compartimos cos nosos seres queridos o gran traballo que levamos a cabo a través do noso proxecto Greenlandia, no cal abordamos diferentes temáticas como os astros e corpos celestes, o tempo atmosférico, os diferentes ciclos da auga ou a importancia e o coidado da auga para a vida humana.
Como colofón a esta festividade, convidamos a todos os asistentes a participar no Rosco do saber, un xogo elaborado por todas e todos nós con diferentes palabras extraídas das tarefas levadas a cabo durante o proxecto.
Mamás, papás, avoas, avós, irmáns... grazas por acompañarnos neste día tan especial para nós! Agardámosvos para a seguinte!
Rematamos o mes rememorando as celebracións das compañeiras e compañeiros que estiveron de aniversario neste terceiro mes do ano: Olavo, Mateo Miguel e Mariña.
Moitos parabéns novamente e grazas por compartilo con todas e todos nós!
No día de onte, as alumas e alumnos de segundo tivemos a sorte de asistir ao espectáculo Quen é quen?, representación teatro-musical ambientada na sabana africana que nos permitiu coñecer un gran abano de instrumentos musicais de diferentes familias.
Este foi un concerto didáctico organizado pola Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, entidade á que gustaría agradecer tanto o seu convite como a súa atención.
No día de hoxe, as alumnas e alumnos de segundo conmemoramos o Día Internacional da Muller a través de diferentes dinámicas grupais.
Comezamos a xornada reflexionando sobre a situación de desigualdade sufrida polo colectivo feminino ao longo da historia, provocando así a necesidade da ONU de formalizar esta celebración para reinvindicar os dereitos da muller e a súa equiparación ao sexo masculino en numerosos aspectos sociais.
A continuación enaltecemos a figura de mulleres galegas do pasado como a novelista Rosalía de Castro ou a periodista Sofía Casanova, e tamén do presente como a futbolista Vero Boquete ou as compoñentes do grupo musical Tanxugueiras.
Para rematar chegamos á coclusión de que a educación é o único camiño para lograr unha sociedade igualitaria que non discrimine aos seus membros segundo o seu xénero.
A pasada semana, todas as alumnas e alumnos de Casa do Neno celebramos unha das festividades máis caracterísicas da nosa comunidade: o Entroido.
Comezamos a semana co mandato da Meca, unha serie de instrucións que debíamos seguir para cada un dos días da semana, as cales provocaban unha chea de gargalladas á nosa chegada cada mañá.
O broche de ouro a esta semana de ledicia e diversión chegou a tarde do venres, momento no que desfrutamos dunha gran Festa de Entroido na cal non faltou o baile, o xogo, a diversión e, como non, os doces típicos desta festividade.
GREENLANDIA é o nome do novo proxecto que desenvolveremos nesta segunda avaliación, mediante o cal exploraremos verdes e frondosos lugares para descubrir numerosos aspectos sobre o medio ambiente.
Como comezo do mesmo recibimos a visita dun estraño feiticeiro chegado de lonxanas e verdes terras, o cal se presentou na nosa aula coa finalidade de transmitirnos o poder e a maxia que posúe a auga e a súa importancia para co coidado e preservación do medio ambiente.
O pasado xoves foi un día moi especial para todas e todos nós, xa que recibimos unha visita que levábamos tempo agardando: a das nosas familias.
Mais... cal foi o motivo desta visita?
As alumnas e alumnos de Educación Primaria de Casa do Neno levamos a cabo a Celebración da Aprendizaxe, unha ocasión de conmemorar o aprendido durante a elaboración e posta en práctica do noso proxecto titulado Nin pés nin cabeza, e durante a cal as nosas familias puideron coñecer a través das nosas explicacións todo o traballo levado a cabo durante meses.
Debemos recoñecer que nalgúns momentos estabamos algo inquedos e nerviosos, mais a presenza das nosas familias e os seus rostros de orgullo e emoción provocaron en nós un gran sentimento de felicidade que eliminou por completo todos os malos pensamentos.
Que dicirvos mamás, papás, avoas, avós, irmáns...? Pois simplemente grazas, moitas grazas por acompañarnos, apoiarnos e ser partícipes da nosa aprendizaxe.
Agardámosvos para a seguinte!
Como colofón as clases de relixión do primeiro trimestre do curso, estes días fixémonos entrega dos agasallos dos amigos invisibles na nosa clase!
Cada un de nós preparou algo para un compañeiro ou compañeira que nos tocou ao azar, e saíron cousas chulísimas!
Postais, debuxos, manualidades e incluso algunha lambetada! Un montón de cousas para celebrar valores como o compañeirismo ou a amizade cos compañeiros e compañeiras da nosa clase.
Desfrutamos un montón e deixámosvos aquí algunhas fotos para que vexades algúns dos agasallos.