jueves, 25 de marzo de 2021
VERBICHÍS
martes, 23 de marzo de 2021
TIMELINE
Dentro do noso proxecto "Viaxeir@s polo tempo" tamén traballamos o desenvolvemento humano e as diferentes etapas da vida dunha persoa dende que nace ata que falece.
E ademais coñecimos unha nova aplicación para crear liñas de tempo que se chama TimeLine.
Elaboramos, por parellas, unha liña de tempo sobre un día normal da nosa vida vendo que facemos ao longo do día nas diferentes horas e colocándoas, por orde, na liña do tempo.
Traballamos así a conciencia do tempo, das horas e das rutinas diarias e a escritura no teclado da tableta.
martes, 16 de marzo de 2021
O ESQUELETO DE PASTA
Para traballar e coñecer mellor o nosos esqueleto estivemos completando un coa axuda de varios tipos de pasta (alimenticia) con formas similares ás dos nosos ósos.
A partir dun debuxo do esqueleto, no que aparecían tamén os nomes de varios ósos, e coa axuda de cola de pegar e dun pincel, íamos colocando cada unha das pezas de pasta no lugar correspondente segundo o óso e a súa forma.
Un xeito divertido de aprender os ósos e a súa importancia.
jueves, 11 de marzo de 2021
LAS PISTAS DE UNA NOTICIA
En el trabajo de conocimiento y redacción de una noticia es importante seguir una serie de pistas que son la información más destacada de una noticia. Esas pistas responden a preguntas como: qué, quién, cuándo, dónde...
Primero elegimos una noticia en el periódico y en ella buscamos el titular, la foto, el pie de foto y el cuerpo de la noticia. Cada una de estas partes las marcamos con diferentes colores.
A continuación, vamos buscando la informa ión que responde a las preguntas importantes y cada una de esas pistas las marcamos con colores para poder ide tificarlas y localizarlas. Así vamos aprendiendo a identificar la información importante de una noticia.
Ahora solo queda convertirnos en redactores y crear nuestras propias noticias.
miércoles, 10 de marzo de 2021
PRENSA DIGITAL
A través de varios enlaces pudimos conocer mejor lo que es la prensa digital.
También comparamos un mismo periódico en su edición en papel y en digital. Y vimos un ejemplo de periódico con solo edición digital.
Distinguimos los diferentes titulares, imágenes y vídeos y vimos cómo se puede acceder a una noticia desde la opción digital.
Conocimos las secciones (local, internacional, economía, política...) y lo que se trata en cada una de ellas.
martes, 9 de marzo de 2021
LEMOS UN XORNAL
Esta semana celébrase a "Semana da prensa" e por ese motivo traballaremos durante varias sesións o coñecemento dun xornal.
Empezamos vendo a portada dun xornal, da nosa cidade, e identificando o que alí vemos (nome do xornal, titulares, imaxes...). A continuación, páxina a páxina, ímos distinguindo as diferentes partes e seccións dun xornal (portada, opinión, nacional, internacional...).
Tamén nos paramos nunha noticia para ver as diferentes partes empregando varias cores para destacar cada unha delas.
lunes, 8 de marzo de 2021
DÍA DA MULLER
Como cada 8 de marzo conmemórase o Día da Muller e o alumnado do curso de segundo de primaria tivemos unha actividade moi especial para recordar que todos somos iguais polo feito de ser persoas e que tanto homes coma mulleres poden desempeñar os mesmos traballos e ter os mesmos dereitos.
Primeiro escoitamos un conto titulado "Qué aburrido es ser una princesa rosa" no que unha princesa chamada Carlota quería viaxar, saltar, bailar e vestirse con roupa de moitas e non só de cor rosa, pero non a deixaban porque lle dicía que as princesas eran coma rosas, moi delicadas, pero Carlota era unha nena!
Despois tivemos unha conexión por Meet moi interesante. Puidemos falar cunha muller policía nacional, Paula, que nos contou moitas cousas sobre o seu traballo, como decidiu ser policía, cantas mulleres traballan con ela, como é a súa relación cos seus compañeiros homes...
jueves, 4 de marzo de 2021
TITULARES
Dentro do noso proxecto "Viaxeir@s polo tempo" realizamos diferentes rutinas de pensamento que nos axudan a reflexionar sobre os nosos coñecementos, experiencias, aprendizaxes...
Unha destas rutinas chámase "Titulares" e o que facemos nela é pensar en catro ideas, coñecementos ou experiencias e as recollemos en titulares sinxelos, escribindo en poucas palabras a idea principal que queremos transmitir.
Neste momento estabamos a traballar sobre o nosos desenvolvemento persoal e a profesora pediunos que pensaramos en catro momentos, da nosa vida, que recordamos con especial cariño.
A continuación, hai un vídeo no que algúns compañeir@s comparten algún deses titulares.
lunes, 1 de marzo de 2021
MEDIMOS PERÍMETROS
Con Emat aprendemos moitas cousas e ademais dun xeito divertido e práctico. Neste caso ímos contarvos como aprendimos a medir perímetros, empregando diferentes obxectos da nosa aula.
Por equipos, estivemos medindo unha mesa de equipo, a pantalla, a porta da aula e unha estantería.
Primeiro tiñemos que rodear o obxecto a medir, cunha corda. Despois, a parte da corda eregada para rodear o obxecto, a estiramos no chan e, a continuación, cunhas cintas métricas, dun metro cada unha, medimos a distancia de corda empregada. E así, obtivemos o perímetro.
Aquí podedes ver un video co noso traballo.