domingo, 30 de abril de 2023

Aniversarios mes de abril

Rematamos o mes rememorando a celebración do aniversario do noso compañeiro Enzo. 

Moitos parabéns novamente e grazas por compartilo con todas e todos nós!



miércoles, 26 de abril de 2023

Discriminamos os seres vivos e inertes empregando a robótica.

Como ben sabedes, durante o transcurso dos nosos proxectos empregamos numerosas e variadas ferramentas que nos facilitan a aprendizaxe. Unha delas é Kubo, o noso pequeno e robótico amigo, quen esta mañá nos prestou a súa axuda para identificar e discriminar os seres en vivos ou inertes. 









viernes, 14 de abril de 2023

Iniciamos un novo proxecto: HAKUNA MATATA

HAKUNA MATATA é o nome do terceiro e último proxecto que levaremos a cabo neste curso, mediante o cal nos adentraremos no mundo animal para descubrir numerosos aspectos sobre estes seres.



Como comezo do mesmo recibimos a visita dunha singular vaca, a cal nos pideu axuda para descubrir que animais desapareceran da súa granxa. Para resolver este misterio proporcionounos tres pistas: unhas pegadas, unha gravación sonora de cada animal e unha imaxe dunha cámara de seguridade en anaquiños. Con estes indicios, e grazas á nosa excelente labor como detectives, puidemos averiguar a identidade dos animais desaparecidos.








lunes, 3 de abril de 2023

Celebramos o aprendido cos nosos seres queridos

 O pasado xoves foi un día moi especial para os alumnos/as de Educación Primaria de Casa do Neno, xa que novamente recibimos ás nosas familias para levar a cabo a segunda Celebración da Aprendizaxe deste curso.

Neste evento, as alumnas e alumnos de segundo curso compartimos cos nosos seres queridos o gran traballo que levamos a cabo a través do noso proxecto Greenlandia, no cal abordamos diferentes temáticas como os astros e corpos celestes, o tempo atmosférico, os diferentes ciclos da auga ou a importancia e o coidado da auga para a vida humana.



Como colofón a esta festividade, convidamos a todos os asistentes a participar no Rosco do saber, un xogo elaborado por todas e todos nós con diferentes palabras extraídas das tarefas levadas a cabo durante o proxecto.


Mamás, papás, avoas, avós, irmáns... grazas por acompañarnos neste día tan especial para nós! Agardámosvos para a seguinte!