viernes, 14 de octubre de 2022

O ESQUELETO

O noso proxecto continúa e semana a semana avanzamos un pouquiño máis. 

Despois de rematar a tarefa 0, na que organizamos o traballo do noso equipo e reflexionamos sobre o que ibamos traballar e aprender, comenzamos a tarefa 1, que se chama O PUZZLE DO NOSO CORPO. 

Nela, traballamos as partes do corpo e como se din en galego, os ósos e os músculos do corpo e cal é a súa función dentro do mesmo. 

Coma sempre, non se trata de memorizar, senón de que as aprendizaxes que realizamos sexan significativas, por eso fixemos este traballo a través de xogos, vendo radiografías e analizando situacións reais. 





Rematamos coma sempre, reflexionando a través dunha rutina de pensamento que se chama 1 IMAXE, 5 PALABRAS, na que resumimos en 5 palabras o que aprendemos nas actividades plantexadas previamente.