martes, 22 de noviembre de 2022

Venres de celebracións!

Este pasado venres, 18 de novembro, foi unha xornada chea de celebracións para toda a familia da Casa do Neno.

En primeiro lugar, co Día do pixama pretendimos conmemorar o Día Mundial da Infancia (20 de novembro), dotando de visibilidade o acollemento familiar e o dereito de todas as nenas e nenos a medrar no seo dunha familia rodeados de amor e tenrura.



Continuamos esta xornada festiva cun dos festexos máis populares da nosa comunidade: o magosto. Mentres degustábamos unhas saborosas castañas, tivemos ocasión de cantar e bailar cunha gran selección de pezas musicais galegas de diferentes estilos e épocas.

Como colofón a este espléndido día, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega agasallounos cunha adaptación de xogos tradicionais como os birlos, a mariola, a chave ou a rá.