Como actividade principal, dentro da semana de celebración das Letras Galegas, coñecéronse varios versos de diferentes obras de Xela Arias, a homenaxeada deste ano 2021.
Tras elixir e ler un verso desta profesora, tradutora e escritora, había que escribilo e realizar un debuxo no que quedara plasmada a mensaxe que nos transmitía.
Igual que a poesía pode transmitir emocións e vivencias que cada un entende dende a súa experiencia, tamén nos debuxos pode os transmitir o mesmo.
Aquí podedes ver unha mostra da creatividade dos nenos e nenas de segundo.