miércoles, 20 de febrero de 2019

O día, a noite, os meses

Outras actividades que estamos realizando dentro desta primera tarefa do proxecto son as realizadas en relación ao paso do tempo.

Na clase traballamos que un día son 24 horas e a súa relación coa rotación da terra, e que un ano son 365 días e a súa relación coa traslación da mesma.



Deixámosvos un pequeno vídeo no que algúns peques reflexionan sobre o aprendido e que eles mesmos prepararon e organizaron. 


Dentro desde proceso falamos tamén das estacións do ano e polo tanto do paso dos meses. Neste caso realizamos unha actividade en equipo de investigación de cada mes do ano, recompilando información interesante como refráns sobre ese mes, a temperatura media na nosa comunidade, festas, curiosidades, comidas típicas... e coma sempre, ao rematar autovaliamos e coavaliamos o noso traballo.




Fai clic na imaxe para ver máis. 


Como podedes ver un traballo intenso do proxecto que avanza a fume de carozo!