"Pois a min gustaríame ter a tódolos nenos e xóvenes xuntos e poder recordarlles que antes ou despois terán que afrontar un feito: o mundo depende dos nosos soños.
E ás veces, para cumprilos, non importa a idade que teñas, é necesario volver comezar, volver nacer, gozar da vida.
Soñar sempre será a materia máis importante. Hai xa moitos anos que un neno moi especial nolo recordou, un pequeno que naceu nun pobre portal en Belén.
El invitounos a soñar e loitar cada día por un mundo mellor para todos, especialmente para os máis pobres.
El soñou un mundo de xustiza, onde hai sitio para todos, onde a felicidade se consegue coas cousas pequenas, onde as persoas son o máis importante...
Soñemos de novo con este neno. E se hai que volver nacer, nácese.
Se queremos que pase algo, temos que soñalo. Se queremos que pasen cousas novas, soñemos cousas novas. Porque nesta terra soñar é obrigatorio.
Así que soñemos… soñemos… Soñemos como os nenos!!!"