Xa estamos de volta tras as vacacións. E xa temos diante novos retos, novos horizontes para lanzar o noso traballo.
Nestas próximas semanas, nas clases de Lingua Galega, iremos traballando para coñecer un pouco máis de preto as tradicións e costumes que temos en Galicia ao redor da celebración do Entroido.
Van axudarnos os Bolechas, que viaxarán connosco por algúns recunchos de Galicia nos que o
Entroido ten unha forza especial.