jueves, 12 de septiembre de 2019

AS NOSAS ILUSIÓNS PARA O CURSO SON...

Como actividade de inicio de curso o alumnado de segundo elaboramos unha maceta chea coas nosas ilusións para o curso que comeza. As plantas e flores desta maceta son as siluetas das nosas mans e brazos, partes do corpo que nos axudan a aprender, a xogar, a colaborar cos demáis...
E que podemos dicir das nosas ilusións? Tan variadas como divertirse cos compañeiros, aprender moito, portarse un pouco mellor, facerlle máis caso aos profes... Esperamos que se manteñan ao longo de todo o curso e disfrutemos moito coas novas aventuras que xurdirán estes meses.