martes, 10 de diciembre de 2019

XOGAMOS COAS FRACCIÓNS

A través da metodoloxía de EMAT aprendemos de xeito divertido, grazas ás moitas dinámicas e xogos que nos propoñen.
Entre elas está "A comer pasteis!", un xogo no que cada membro do equipo lanza dous cubos do 0 ao 5 e cos números que saian forma fraccións que despois coloreará no seu libro ("comendo" pasteis).




Outro xogo moi divertido que nos axuda a comprender as fraccións é o "Memory". Primeiro cada un creamos varias parellas de fraccións e as súas representacións en "pasteis". Despois por equipos repartíronnos as tarxetas cara abaixo e xogamos por turnos ao memory buscando as parellas adecuadas.