jueves, 6 de febrero de 2020

E SE NOS AVALIAMOS?

Algo importante no traballo por proxectos e en cooperativo é a avaliación, pero non pensedes que só nos avalía a profesora. Ao longo da realización do proxecto e no noso porfolio ímos cubrindo diferentes tipos de avaliacións, principalmente as chamadas "dianas de avaliación". Neste novo proxecto "Non era sen tempo!" estamos coñecendo unha nova diana, de autoavaliación e coavaliación con diferentes niveis. Na de autoavaliación temos que contestar a catro preguntas: recoñezo os meus erros, esforceime, busco solucións aos problemas e son capaz de escoitar aos meus compañeiros. Dentro de cada pregunta, ímos coloreando ata catro niveis de realización (de menos a máis entre 1 e 4). Pero tamén é importante reflexionar sobre o noso compromiso cos compañeiros do equipo, polo que as preguntas da coavaliación son: aprendemos algo novo, esforzámonos ao máximo, buscamos solucións aos problemas e fomentamos que todos participen por igual no equipo.