martes, 10 de marzo de 2020

UN NOVO AMIGO, O ESQUELETO

Nas sesións de Ciencias Naturais estamos a traballar a importancia do esqueleto, as súas características, curiosidades...
Unha das actividades que fixemos para aprender mellor a localización dalgúns ósos e articulacións foi a creación de esqueletos con materiais como a pasta de comer.






Pero a actividade coa que máis disfrutamos, foi cando veu Carla (unha estudante de Medicina) que nos trouxo varios ósos de verdade, do seu compañeiro de estudos, Bartolo. Puidemos coñecer mellor a forma, o tacto, o tamaño e outras características dos ósos. Porque como sempre dicimos, a mellor maneira de aprender é a través da experiencia, da posibilidade de manipular cousas e sempre disfrutando das visitas que nos sorprenden con moitas curiosidades.