viernes, 18 de febrero de 2022

A AUGA NO AMBIENTE URBANO

Durante as últimas sesións dedicadas ao noso proxecto, traballamos o percorrido que fai a auga no ambiente urbano. 

Empezamos realizando unha rutina de pensamento para ver o que sabiamos sobre este proceso. Fixémola no noso porfolio e o deseño foi creado por nós mesmos, que pouco a pouco comenzamos a traballar como os maiores do cole. 




Tras esta actividade de pensamento inicial continuamos aprendendo todo o proceso desde que a auga é captada de encoros ou ríos, como pasa por unha planta potabilizadora, despois se reparte entre a poboación e finalmente volve á depuradora, onde a limpian e a devolven de novo á natureza. 


Rematamos reflexionando de novo sobre o que pensamos despois de aprender todas estas cousas novas.