miércoles, 21 de diciembre de 2022

Visita Real

Esta mañá, as alumnas e alumnos de segundo recibimos a grata e sorprendente visita do Rei Melchor.

Este, sendo consciente de que estabamos elaborando unha carta para enviárllela ás súas Maxestades de Oriente, montou no seu camelo e viaxou milleiros de quilómetros ata a nosa biblioteca para recoller en man as nosas peticións e responder ás nosas inquedanzas.

Como remate a este agradable encontro, a Súa Maxestade agasallounos cunhas fantásticas gorras.