viernes, 24 de febrero de 2023

Celebramos o Entroido

A pasada semana, todas as alumnas e alumnos de Casa do Neno celebramos unha das festividades máis caracterísicas da nosa comunidade: o Entroido.

Comezamos a semana co mandato da Meca, unha serie de instrucións que debíamos seguir para cada un dos días da semana, as cales provocaban unha chea de gargalladas á nosa chegada cada mañá.

O broche de ouro a esta semana de ledicia e diversión chegou a tarde do venres, momento no que desfrutamos dunha gran Festa de Entroido na cal non faltou o baile, o xogo, a diversión e, como non, os doces típicos desta festividade.