O pasado xoves foi un día moi especial para os alumnos/as de Educación Primaria de Casa do Neno, xa que novamente recibimos ás nosas familias para levar a cabo a segunda Celebración da Aprendizaxe deste curso.
Neste evento, as alumnas e alumnos de segundo curso compartimos cos nosos seres queridos o gran traballo que levamos a cabo a través do noso proxecto Greenlandia, no cal abordamos diferentes temáticas como os astros e corpos celestes, o tempo atmosférico, os diferentes ciclos da auga ou a importancia e o coidado da auga para a vida humana.
Como colofón a esta festividade, convidamos a todos os asistentes a participar no Rosco do saber, un xogo elaborado por todas e todos nós con diferentes palabras extraídas das tarefas levadas a cabo durante o proxecto.
Mamás, papás, avoas, avós, irmáns... grazas por acompañarnos neste día tan especial para nós! Agardámosvos para a seguinte!