martes, 12 de septiembre de 2023

PREPARADOS, LISTOS, XA!

Estamos de volta!


Onte, 11 de setembro, voltamos as clases, a verdade e que foi un día intenso cheo de emocións.

E hoxe non foi menos, inhaguramos o Proxecto 0, que se levará a cabo durante estas primeiras semanas.




Aquí aceptamos o reto que nos propuxeron as Tortugas Ninja de salvar a nosa nova mascota Popi. Que o malvado Shedder o había secuestrado ao vir de Erasmus e non podía chegar ao noso colexio.



Aquí estábamos a resolver os acertixos para poder ir a rescatar ao noso novo amigo.



Finalmente, descubrimos o código para poder recatar a Popi e fomos buscalo.


Despois, fixemos un CSI e unha diana de autoavaliacion, onde valorábamos a misión que acabábamos de levar a cabo.




A mañá foi intensa, estamos volvendo a rutina pouco a pouco. Co paso dos días, descubriremos que máis nos esconde este proxecto.