Repasamos a recta numérica.
Primeiro, ordeamos entre todos os números do -10 ao 30, case non nos chegaba a clase.
Repasamos a recta numérica.
Primeiro, ordeamos entre todos os números do -10 ao 30, case non nos chegaba a clase.
Estamos de volta!
Onte, 11 de setembro, voltamos as clases, a verdade e que foi un día intenso cheo de emocións.
E hoxe non foi menos, inhaguramos o Proxecto 0, que se levará a cabo durante estas primeiras semanas.
Aquí aceptamos o reto que nos propuxeron as Tortugas Ninja de salvar a nosa nova mascota Popi. Que o malvado Shedder o había secuestrado ao vir de Erasmus e non podía chegar ao noso colexio.
Aquí estábamos a resolver os acertixos para poder ir a rescatar ao noso novo amigo.
Finalmente, descubrimos o código para poder recatar a Popi e fomos buscalo.
Despois, fixemos un CSI e unha diana de autoavaliacion, onde valorábamos a misión que acabábamos de levar a cabo.
A mañá foi intensa, estamos volvendo a rutina pouco a pouco. Co paso dos días, descubriremos que máis nos esconde este proxecto.
Rematamos o curso rememorando as celebracións das compañeiras e compañeiros que estiveron de aniversario neste sexto mes do ano: Ainhoa, Diego e Mateo A.
Non nos debemos esquecer de Rubén, que ainda nacendo no mes de xullo non quixo perder a oportunidade de celebrar o seu aniversario cos seus compañeiros e compañeiras de clase.
Moitos parabéns novamente e grazas por compartilo con todas e todos nós!
No día de onte, as nenas e nenos de segundo, xunto con alumnado de outros cursos, tivemos a inmensa sorte de visitar un fermoso e interesante lugar no concello de Sobrado dos Monxes: A Casa do Queixo.
Tal e como nos suxire o seu nome, todas e todos nos imaxinamos que unha das actividades levadas a cabo foi a elaboración do noso propio queixo fresco, o cal posteriormente degustamos con moito gusto tralo traballo feito.
Durante esta saída coñecemos numerosas labores artesás típicas da nosa comunidade, entre as que destacamos a cestaría e a olaría, experimentando nas nosas propias mans a dificultade do traballo desta última.
Nesta fermosa paraxe rural non podían faltar as actividades relacionadas coa agricultura, ese importante sector que, xunto co gandeiro, foi un dos principais motores económicos da nosa comunidade durante séculos.
Ainda que con un pouco de retraso no calendario agrícola, prantamos os nosos propios pementos de Padrón, os cales agardamos poder degustar en breves.
E, como colofón a esta xornada tan especial, coñecemos aos animais que viven neste fantástico lugar como o burro Platero, a egua Rosalía, a porquiña Pepa... e a outros moitos máis, os cales agasallamos co noso cariño e con algún pequeno petisco.
Hoxe, como cada quince de maio, conmemórase o Día Internacional da Familia. Esta data foi proclamada pola ONU no ano 1993 co obxectivo de reinvindicar o papel e os valores dun dos núcleos máis importantes da nosa sociedade: a familia.
Entre outras actividades, as alumnas e alumnos de segundo traballamos os diferentes tipos existentes de familias a través do libro Un montón de familias, o cal recomendamos enormemente, e abordamos numeroso vocabulario sobre os graos de parentesco, os cales estamos desexando empregar nas vindeiras reunións familiares.