Esta semana comezamos un novo curso con moitas ganas e ilusión. Cheos de curiosidade e nervios o mércores coñecemos a nosa nova clase, vimos de novo aos compañeiros do ano pasado, coñecemenos a algún novo e abrazamos de novo aos profes que xa tiñan o cole preparado para todos nós.
Estes primeiros días pasámolos entre presentacións, recordos, sorpresas e un pouquiño de traballo, porque pouco a pouco temos que volver á rutina diaria...
Tamén exercemos o noso papel de segundos maiores do cole, e axudamos aos novos compañeiros de primeiro, exercendo dos seus padriños e madriñas para todo aquelo que necesiten. De momento ensinámoslles o colexio e démoslles algún que outro consello que de seguro lles axuda no seu día a día.
Pouco a pouco irémosvos contando as nosas aventuras diarias a través deste blog, que esperamos que disfrutedes e vos sirva para coñecer mellor o noso día a día no cole.