O pasado venres recibimos a visita de Flor e Lila, dúas amigas caninas que xunto aos seus donos nos ensinaron a importancia de coidar aos animais.
Con todos eles falamos das responsabilidades que supón ter un animal, dos coidados que lles debemos dar, e como non, dos beneficios de ter un animal nas nosas vidas.
Ademais, tamén puidemos contarlles un conto, cepillalos e darlles de comer.
Sen dúbida unha experiencia moi positiva e enriquecedora que nos fixo comprender a importancia de tratar ben aos animais.
Fai clic na imaxe para ver máis. |