lunes, 21 de enero de 2019

Na cidade

A semana pasada empezamos a traballar a cidade nas clases de ciencias sociais.

Entre todos os contidos vimos que era un concello, as funcións do alcalde, dos concelleiros, como son elixidos, que son os servizos públicos, cales son, para que sirve cada un, que é a educación vial e repasamos algunhas normas básicas sobre como movernos pola cidade.

Todo isto fixémolo a través dunha paisaxe de aprendizaxe, un recurso que xa utilizamos moitas máis veces o curso pasado. Trátase dunha forma diferente de programar os contidos a traballar, tendo en conta as Intelixencias Múltipes e a Taxonomía de Bloom.

Deste xeito, o que facemos é presentar aos nenos un percorrido cunha serie de actividades de diferente tipo, tendo en conta o antes mencionado, e son eles mesmos os que deciden que percorrido realizar no seu proceso de aprendizaxe e cal é o obxectivo final.

Tomar decisións, elexir o camiño a seguir, coñecer o proceso de aprendizaxe, superar retos, traballar en equipo e tamén de forma individual...

Coma sempre, o resultado foi moi positivo xa que todos querían continuar facendo actividades do percorrido e a súa motivación estaba presente na aula.

De momento aínda non o rematamos, xa que nos falta a actividade final, que vos contaremos ao longo da semana. 

Deixámosvos algunhas fotos das clases desta semana para que vexades o moito que traballan e o ben que o pasan. 

Fai clic na imaxen para ver máis.