Hoxe comenzamos a tarefa 1 do noso proxecto que tratará sobre a auga.
Primeiro fixemos unha chuvia de ideas no noso porfolio e pensamos en todos os lugares onde podiamos atopar auga. Tras a reflexión inicial, puxemos as ideas pensadas en común nunha gran nube, e a verdade e que se nos ocorreron moitísimas cousas!
Despois continuamos pensando como se forman as nubes. Para isto fixemos a rutina de pensamento "Antes pensaba, agora penso...". Cada un de nós no seu porfolio explicou como se forman as nubes...
A verdade é que non o tiñamos moi claro previamente... Así que despois de reflexionar de forma individual, Noelia explicounos como acontece este fenómeno e fixemos un pequeno experimento na clase que nos próximos días poderemos comprobar.
Continua deste xeito o noso proxecto sobre a auga que deu os seus primeiros pasos antes das vacaciones e que agora avanza a toda máquina para aproveitar ao máximo as últimas semanas de cole. Seguiremos contándovos por aquí todo o que fagamos.