martes, 9 de abril de 2019

E se chove, que chova!

Por terceira vez neste curso, e sen previo aviso, o cole apareceu completamente cambiado, e todos soubemos enseguida que outro novo proxecto comenzaba. 







Despois de observar, tocar e analizar toda a nova decoración, recibimos na nosa clase a Súper Ecobot, un robot que pode ver o futuro e que nos ensinou imaxes da nosa Terra contaminada e derrubada.

O seu propósito no noso planeta é concienciar á xente para que faga un uso responsable dos seus residuos e que o nivel de contaminación das augas e do ambiente se reduza o máximo posible. 

Súper EcoBot

Coma sempre, nós aceptamos o reto de axudalo e ao longo deste trimestre investigaremos e trataremos de aprender o máximo posible sobre a auga co obxectivo final de buscar algunha posible solución ao problema que nos plantexou. 

Deixámosvos algunhas fotos do desafío inicial...


Fai clic na imaxe para ver máis.