O noso proxecto continúa e aínda que xa estamos chegando ao final esta semana falamos sobre un tema moi importante que é a escasez de auga no mundo.
Primeiro a través duns contos e despois observando un mapa, reflexionamos sobre a cantidade de países que hai no mundo que teñen dificultades para acceder á auga potable.
Traballamos a través da rutina de pensamento "Vexo, penso, pregúntome" e entre todos reflexionamos sobre a importancia da auga potable para poder vivir.