Durante as últimas sesións de clase adicadas ao noso proxecto, traballamos sobre como podemos aforrar auga.
En parellas deseñaron un tríptico informativo con consellos para aforrar auga nas nosas casas e na vida diaria, que tiveron que pensar e buscar eles mesmos.
Despois reflexionamos sobre o traballo realizado a través dunha diana de autoavaliación e doutras de coavaliación, e ademais fixemos unha rutina de pensamento de repaso chamada Titulares.
Deixámosvos algunhas fotos da actividade.