Esta semana recibimos a visita de Ánxeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, que interesada polo noso producto final do proxecto E se chove, que chova!, quixo coñecelo máis de cerca.
Falou con todos nós, coñeceu máis de cerca o traballo realizado e falounos da importancia de coidar o medio ambiente, e especialmente da importancia de que os nenos acheguemos este tipo de mensaxes ao resto da sociedade.
Agradecemos moito a súa cercanía, amabilidade e o cariño co que nos falou a todos.
Deixámosvos algunhas fotos.