viernes, 11 de octubre de 2019

ANIMAHEROES... ANÍMASTE?

Comezamos novo proxecto!!!!!
A mañá estivo chea de sorpresas, ilusións, risas, novidades...
Despois da sorpresa de ver os cambios na aula e nas mesas cos novos equipos de traballo, chegou a gran novidade que foi recibir e ler unha carta de Lupita, a gatiña da nosa profe Cris. Na mesma, contábanos un pouquiño como comezou a súa vida e como chegou a vivir con ela fai xa uns anos. Ademais animounos a aprender moito, ao longo do proxecto, sobre os diferentes tipos tipos de animais e os traballos que se desenvolven con eles. Pero non será esta a última vez que se poña en contacto con nós porque xa nos avisou que máis adiante daranos unha importante misión, que teremos que levar a cabo coma HEROES que seremos polo benestar dos ANIMAIS.
Estamos máis que ANIMADOS a aprender e desfrutar deste novo proxecto!!!!