jueves, 14 de noviembre de 2019

COMO SER ANIMAHEROE

Continuamos a pleno rendemento co noso proxecto "Animaheroes, anímaste?". Estamos preparándonos a fondo para ser verdadeiros heroes e para iso estivemos investigando e traballando a orixe dos alimentos, a roda de alimentación, a través da cal profundizamos e reflexionamos sobre a importancia dunha boa e saudable alimentación, para preparar os nosos corpos de heroes. Pero tamén hai que preparar o corpo e a mente a través do descanso e do traballo mental, lendo e aprendendo moitas cousas novas, facendo deporte e, por suposto, non podemos esquecer, que un bo superheroe tamén ten que respectar aos demais, coidar o medioambiente e valorar aos animais. Aquí vos vai un exemplo do noso entrenamento!