jueves, 28 de noviembre de 2019

VISITA DO REFUXIO DE ANIMAIS

Hoxe tivemos a sorte de ter un visitante moi especial, Fuego. Un pequeno can do Refuxio de Bando, que veu acompañado de dúas voluntarias, Paula e Iris,  que nos contaron un montón de cousas moi interesantes.
Nada máis ver a Fuego e el mirarnos quedamos namorados, e vos preguntaredes como o sabemos? Pois porque nos sorriu, moveu o rabo e tirouse panza arriba aos nosos pés para que lle fixeramos caricias.
Aprendimos moitas cousas interesantes sobre os coidados e a responsabilidade de ter animais na casa, a realidade do refuxio con todos os animais que recollen ao longo do ano, o tempo que chegan a pasar algúns animais no refuxio, e a importancia de coidalos, respetalos e como podemos colaborar para facerlles a vida mellor. Vamos... o que ten que facer un verdadeiro Animaheroe!