viernes, 10 de enero de 2020

CARTEIS PUBLICITARIOS

Como produto final do noso proxecto "Animaheroes, anímaste?", elaboramos, por equipos, cinco carteis animando a accións que poidan mellorar a vida dos animais, principalmente a dos que viven no Refuxio de Bando.
Cada cartel anima a unha acción:
O apadriñamento para darlle a oportunidade aos animais de sacalos de paseo, do Refuxio e de poder colaborar co mesmo nos gastos precisos aportando unha pequena cuota. Ademais é unha boa opción para quen non poida ter mascota na casa pero queira botar unha man ou disfrutar da compaña destes animais.
A importancia do respeto cara os animais e non maltratalos nin abandonalo, eles non o fan con nós, son seres que dependen dos nosos coidados e cariños e son unha responsabilidade que cumplir.
Outra labor importante para mellorar a vida dos animais que residen nun refuxio é dedicarlles o noso tempo como voluntarios. Xente que pasa parte do seu tempo de ocio axudando como veterinarios, dando paseos, comida e atencións, e botando unha man soutras actividades que dean visibilidade ao refuxio. 
E a finalidade máis importante! Conseguir que todos os animais do refuxio poidan disfrutar dunha boa familia que os coiden, queiran e atendan como é debido. Adoptar é a mellor opción non so para vida destes animais, senón tamén para a nosa vida que mellora moito co cariño e fidelidade dos animais.

Pero aquí non remata a nosa acción como Animaheroes, xa que os nosos carteis, que  on tanto cariño fixemos, llos regalamos ao Refuxiode Bando para que os empreguen nas súas redes sociais e tamén noutras actividades que realicen.

Esperamos e desexamos que coa nosa axuda mellore un pouquiño a vida dos animais do refuxio e a xente se conciencie sobre o respeto e a responsabilidade.

Inluímos un enlace á web e ao Facebook do Refuxio de Bando:
https://refuxio.gal/
https://m.facebook.com/refuxiodebando/