miércoles, 15 de enero de 2020

NON ERA SEN TEMPO!

Comezamos novo proxecto!
Hoxe foi un día cheo de sorpresas e emocións por ver o novo proxecto, a nova decoración, o reto inicial...
Primeiro comentamos a decoración da aula, o título e o seu significado, os fíos conductores, que poderemos responder ao final do proxecto con todo o que aprenderemos. A continuación, vimos un vídeo sobre a viaxe no tempo duns nenos, a través dunha máquina, e que visitaron épocas como a Prehistoria,Exipto, o Renacemento, a Revolución Industrial e a Era tecnolóxica. Despois xogamos cunha sopa de letras na que tiñamos que buscar palabras relacionadas co visto no vídeo.
Comezamos a traballar tamén co novo porfolio e a metacognición inicial coas preguntas que nos sitúan ante el: Que sei?, Que quero aprender?, Que espero do proxecto? e Como me sinto?