Dentro do proxecto "A vaquiña polo que vale" estivemos traballando a orixe dos alimentos e como debe ser unha dieta saudable, na tarefa 2 do noso proxecto.
Primeiro coñecemos de onde proveñen moitos dos alimentos que tomamos a diario, as plantas e cereais son de orixe vexetal, carnes, peixes, lácteos... son de orixe animal e a auga e o sal de orixe mineral.
A continuación vimos a importancia de manter unha dieta saudable eequilibrada na que hai que comer un pouco de todo e variar as nosas comidas mesturando verduras, froitas, cereais, peixe, carne, lácteos... e evitando comidas moi grasas e con moito azucre.
Para entender mellor esta dieta saudable, estivemos creando o noso plato saudable como podedes ver nas fotos. Nun plato dividido nas proporcións axeitadas, estivemos pegando os debuxos de alimentos no apartado correspondente.