miércoles, 4 de noviembre de 2020

SOMOS AUTÓNOMOS

Durante as clases traballamos de moitos xeitos (explicacións, fichas en papel, fichas interactivas, caderno de Emat...), pero unha das maneiras que máis nos gusta traballar é cando collemos a tableta e os auriculares e traballamos de xeito autónomo seguindo as indicacións da profe. 

Normalmente traballamos co Google Classroom, dentro dunha das clases (Lengua, Naturais, Sociais...) e ahí eliximos o tema a traballar dentro do cal atopamos vídeos explicativos moi entretidos e fichas interactivas que permiten autocorrexirse.  

Así podemos repasar e traballar, o que a profe nos explicou, de xeito autónomo e ao noso ritmo, empregando as novas tecnoloxías, que tan importantes son na metodoloxía do noso cole, vendo os vídeos tantas veces como precisemos, facendo as fichas e correxíndoas para practicar ata que nos saian ben, fixándonos nos erros.