Como podemos medir o tempo?
Así comenzamos a primeira tarefa deste proxecto trimestral no que nos atopamos metidos: pensando.
Empezamos por facer unha chuvia de ideas, na que entre todos propuxemos formas para medir o tempo, algunhas evidentes, outras tivémolas que pensar e razoar un pouquiño...
Tras esta actividade inicial fixemos unha rutina de pensamento que se chama "As partes e o todo", na que analizamos un reloxo e as súas partes. Esta rutina sérvenos para aprender a ser conscientes da utilidade de algo, neste caso, dun reloxo.
Nela analizamos as súas partes, para que funcionan e que pasa se algunha delas non traballa como debe.